|
Manu Chao actúa no Coliseo de A Coruña iste venres |
|
|
|
Escrito por Administrator
|
|
Os organizadores afirman que xa se venderon 5.700 das 7.000 entradas postas á venda cun prezo de 15 euros
O Coliseo da Coruña acollerá o vindeiro venres o concerto de Manu Chao, que será un dos tres que o cantante ofrecerá en toda España antes da súa xira mundial, logo dos de Monforte e Ourense.
O recital foi presentado polo primeiro tenente de alcalde do Concello coruñés, Henrique Tello, e o concelleiro de Festas, Carlos González-Garcés, que insistiron en que xa se venderon 5.700 entradas, das 7.000 que se puxeron á venda.
O concerto de «Radio Bemba Sound System», que se celebrará a partir das 22:30 horas do venres, é froito dun convenio entre ambas as Concellarías, que supón o pago do 50 por cento do custo da contratación por cada unha delas.
|