publicidade
Inicio arrow Galicia arrow Axenda Galicia arrow Festival de Ortigueira 2008
Festival de Ortigueira 2008 PDF Imprimir
Cualificación dos usuarios: / 7
PobreDo Mellor 
Escrito por Administrator   

O Programa do Festival Ortigueira 2008

cartaz festival ortigueira 2008
Ortigueira 2008

Xoves 10 de xullo


Escenario Estrella Galicia - a partir das 22.00 horas
Noite de foliada
Malvela (Galicia)
Xochilmica (Galicia)
Banda das Crechas (Galicia)

Venres 11 de xullo


Escenario Estrella Galicia - a partir das 22.00 horas
Escola de gaitas de Ortigueira (Galicia)
Sondeseu (Galicia)
Värttinä (Finlandia)
17 Hippies (Alemania)

Sábado 12 de xullo


Escenario Estrella Galicia - a partir das 22.00 horas
National Youth Pipe of Scotland
Fía na roca (Galicia)
Odaiko percussion group (Galicia)
Moving Hearts (Irlanda)
Boys of the lough (Escocia)


Domingo 13 de xullo


Escenario Estrella Galicia - a partir das 22.00 horas
Uxía + invitados (Galicia)
Eliseo Parra + Tactequeté (Castilla León)
The Dubliners (Irlanda)

O Festival Ortigueira 2008 xa ten cartel oficial.

Tras máis de dúas horas analizando os centos de propostas presentadas, un xurado presidido polo alcalde de Ortigueira, Rafael Girón, elixiu este mediodía na Casa Consistorial ao deseño titulado "En el festival" como cartel oficial da edición 2008 da cita folk. O seu autor embolsarase nada menos que 6.000 euros.

O concurso convocado para seleccionar o afiche do Festival Ortigueira xa ten gañador. O cartel presentado por José Ángel Ligero Martínez será finalmente o que utilice a organización do evento, que terá lugar do 10 ao 13 de xullo, nas súas campañas de publicidade exterior.

O xurado integrado por Quim Farinha, músico de Berrogüetto; o interiorista, Alejandro Gómez Álvarez; o fotógrafo e autor de varios dos carteis históricos do evento, Álvaro Fernández Polo; o director do Festival, Fran Rivera; o coordinador do evento, Alberto Balboa, o xerente do Xacobeo, Ignacio Rodríguez Eguibar, e o propio rexedor do municipio optou, de entre os 214 en liza, por este deseño chegado desde Navarra.

O tribunal considera que o cartel triunfador é o máis eficaz desde o punto de vista publicitario de cantos se presentaron. O gañador recibirá un premio de 6.000 euros e deberá agora presentar diferentes adaptacións do cartel, por exemplo, para a súa utilización nos imprescindibles produtos de merchandising do festival.

José Ángel Ligero, nado en Alfaro- La Rioja en 1972 e residente en Peralta- Navarra, é xa todo un veterano neste tipo de concursos. Ao de Ortigueira suma o cartel anunciador do entroido de Burgos, da XX edición de Mercoequip 2008, o das festas de Corella, o das festas de San Juan Mártir e Santa María a Real de Nájera...





Google!chuza!meneame!Technorati!Yahoo!
» Sin Comentarios
No hai ningun comentario ata agora.
» Envie seu Comentario
Email (non sera publicado)
Nome
Titulo do comentario
Comentarios
 _EASYCOMMENTS_REMAINING_CHARS
Captcha Image Regenerate code when it's unreadable
 
Advertisement

Calendario

July 2008
MonTueWedThuFriSatSun
010203040506
07080910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

Lecer

festichan 2008Venres 4 e Sábado 5 de Xullo en Chan d'Arquiña, Moaña Pontevedra, Galiza. Se non ...
As Festas de María Pita 2008 comezarán co tradicional mercado medieval, que este ano terá unha...
cartel festival de oritigueira 2008Sondeseu e 17 hippies, primeiras bandas confirmadas para o Festival de Ortigueira 2008.A banda berlinesa 17 hippies e a...
A Secretaría Xeral de Comunicación, o Consorcio do Audiovisual de Galicia, a Agência Nacional de...
Festival Arreaocabo 08Sábado 5 de Xullo no Parque de Lavandeiras de Celeiro (Lugo),A partir das 20 horas. Entrada GRATUITA!!!...
Festival Brincadeira 2008Levarase a cabo os días 8 e 9 de agosto en Ordes (A Coruña), abarcando diferentes localizacións da...
Site Map | Sobre a Web | Contacto | Términos e Condicions | Privacidade |Turismo Betanzos