O día 3 de maio de maio no Saloon Universal de Cedeira, O power trío Dixie Town visita unha das mellores salas de Galicia para escoitar música de raíces e americana music en directo. Cun repertorio cheo de sopresas o trío vigués repasará o que foi o seu encomiado primeiro traballo Hardnighters, Bluesbelievers. Só neste concerto os asistentes poderán adquirir este traballo con contidos extra e con prezo moi especial.
" Dixie Town debuta con Hardnighters, Bluesbelievers unha compilación de 12 blues gravada en directo nunha única sesión sen overdubs en Torresonido coa colaboración do coñecido produtor Joaquin Torres. Este primeiro traballo esta concibido coa única misión de reflectir o son enérxico de Dixie Town e ser mostra fiel do que a banda ofrece nos seus directos: Unha combinación de clásicos do xénero ( Messin? with a kid, Tell me?) e blues propios.
Este primeiro traballo é tan só iso Blues novo e enérxico ? máis info en web www.dixietown.net . Podeis ver un pequeno como se fixo en http://www.youtube.com/watch?v=5t2g3MkRasU Contratación: 620294797 ou
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
Bio Dixie Town nace en Vigo en 2002 coa firme vontade de recuperar a enerxía e a pureza da idade dourada do rock e o power blues de finais dos 6ou e os primeiros 70. Este Power Trio esta formado por excomponentes de Selva Negra ( banda viguesa de mediados dos 90) e por un nova batería ferrolán que compartía as mesmas influencias e expectativas que os seus colegas de armas. As influencias Dixie Town están xa definidas desde a elección do nome da banda. Apaixonados de todas as formas de blues, a banda devoraba un disco de T-bone Walter chamado Funky Town, representante exemplar do ?Chicago Sound?. Paralelamente os compoñentes do trio amaban aos grandes interpretes de principios dos 70 de rock sureño e blues texano desde ZZ Top a Johnny Winter pasando por Freddy King? Entón tomando como referencia aquel disco de T-Bone Walker Funky Town converteuse en Dixie Town, facendo valer con aquilo de "Dixie" a afección polos sons añejos sureños precedentes de
"Dixieland" nome co que se nomea ao conxunto de estados do sur de E.E.U.U . O son da banda progresou desde o rock de trio con improvisacións de blues cara a un son baseado unicamente no power blues na liña de bandas como Ten Years After e por suposto os ZZ Top dos primeiros 70. Actualmente están presentando o seu primeiro disco grande que leva por titulo Hardnigthers, Bluesbelievers