|
Está situada na Praza de Fernán Pérez de Andrade "O Boo". O templo foi reedificado na segunda metade do século XIV polo cabaleiro que dá nome á praza,sobre unha fundación anterior do século XIII.
Ten planta de cruz latina, con tres capelas absidais e un soa nave, que presenta cuberta de madeira a dúas augas.
Os sepulcros de cabaleiros dos séculos XIV, XV e XVI, constitúen o elemento histórico-artístico máis interesante do interior do templo, especialmente o sarcófago de Fernán Pérez de Andrade.
A porta principal da igrexa é apuntada con arquivoltas decoradas con motivos vexetais e xeométricos. No tímpano atópase o tema da Adoración dos Reyes e a recepción por parte de San Francisco dos estigmas no monte Alverna; e, nas jambas, tres pares de columnas con capiteis animados. Ten, así mesmo, unha porta lateral, que é a utilizada habitualmente, sen tímpano, cun junquillo que a percorre en zig-zag e que baixa recto polas jambas; e, ao carón e outro da porta a Anunciación, sobre ménsulas.
O exterior do templo, que tivo pinturas, presenta as súas alturas graduadas. A parte máis alta constitúea o remate do cruceiro, onde se abren tres fiestras, dúas delas góticas, como o templo; despois a capela maior, os brazos do cruceiro, as capelas rectangulares da cabeceira e as, tamén rectangulares, dos extremos do brazo curto, que son de menor altura. Foi declarado Monumento Nacional en 1919, sufrindo algúns arranxos a partir de agosto de 1968. Hoxe é un BIC (Ben de Interese Cultural).
-Da residencia dos franciscanos, tamén debida a Fernán Pérez, xa non queda case nada. Tiña o convento 47 frades, que vivían da esmola, cando se foron o 28 de agosto de 1835, en virtude das leis de desamortización. En 1880, a sala capitular, o claustro de columnas pareadas e outras construcións xa non existían, estando distribuídas as súas pezas por diversos lugares da praza.
En 1914 regresan os monxes e edifican unha nova residencia, que se inagura en maio de 1919, pero será posteriormente queimada en xullo de 1936. Estaba encostada ao templo e tiña un campanario que aínda se ve hoxe. Anos despois, en 1955 termínase outra construción, máis pequena, en pedra; tamén, como a anterior, encostada ao muro sur da igrexa.
- Sarcófago de Fernán Pérez de Andrade.- Atópase situado aos pés do templo, baixo o coro, sostido por un oso e un xabaril. A cabeceira está adornada polo escudo da familia Andrade, presentando os laterais dúas escenas cinexéticas, todo iso en relevo. Pecha o sarcófago unha laxa granítica coa estatua postrada do cabaleiro vestido con armadura e en aptitude de repouso, ao modo da época. Unha inscrición, co nome do defunto e a data de fundación do mosteiro, rodea a tapa. |